Plan de Acción para a Economia circular

Exposición Compostela Rupestre

A exposición Compostela Rupestre busca dar a coñecer o patrimonio rupestre no Concello de Santiago de Compostela e moi especialmente dar a coñecer a riqueza arqueolóxica da parroquia de Villestro

A exposición Compostela Rupestre busca dar a coñecer o patrimonio rupestre no Concello de Santiago de Compostela e moi especialmente dar a coñecer a riqueza arqueolóxica da parroquia de Villestro, achegando ao público os novos descubrimentos de Arte Rupestre na zona.

Temos que destacar que se trata da primeira exposición desta temática que se realiza en Santiago dende 1909. É polo tanto unha oportunidade excepcional de achegarse á arte rupestre e coñecer un pouco mellor os primeiros poboadores da cidade.

Exposición Compostela Rupestre

Datas: do 1 ao 30 de abril de 2015
Horario: 16:00 h a 20:30 h (de luns a venres)
Entrada gratuíta

A proposta expositiva divide o edificio en 4 espazos funcional e tematicamente distintos:

  1. Recepción (Planta Baixa. Sala á esquerda da entrada)
  2. Arte rupestre de Santiago (Planta Baixa. Sala á dereita da entrada)
  3. Unha Pedra no Camiño (Escaleiras de suba)
  4. O Conxunto de Villestro (Planta Alta)

Recepción

Planta Baixa: Sala á esquerda da entrada.

É o lugar de recibimento e orientación aos visitantes do centro.Ofrece información sobre a parroquia tanto dende o punto de vista turístico como patrimonial.

Arte rupestre de Compostela

Planta baixa: Sala á dereita da Entrada

Nesta sala trátanse dous temas:

  1. Que é a arte rupestre?
  2. Arte rupestre no Concello de Santiago.

Este espazo dedica especial atención ao petróglifo do Castriño de Conxo, que é probablemente o máis importante do concello de Santiago.

Unha Pedra no Camiño

Escaleiras.

Este pequeno espazo reservarase para unha das manifestacións rupestres máis interesantes da parroquia: A Pena dá Legua.

A colocación nun lugar separado vén determinada por tratarse dun gravado de distinta tipoloxía e cronoloxía que a maior parte dos recollidos na exposición.

Este gravado enlaza a exposición coa outra temática de importancia na parroquia de Villestro: O Camiño de Santiago

Arte Rupestre Villestro

A planta alta é o espazo principal da exposición. Está dedicada ao rico conxunto rupestre da parroquia de Villestro.

Presenta unha selección de fotografías de gran formato dos petroglifos descubertos nos últimos anos na parroquia.