Plan de Acción para a Economia circular

Camiño de Fisterra-Muxía

Entre a historia e a lenda

Hoxe en día, esta ruta duns 90 km está asumida como unha extensión da peregrinación a Santiago aceptada tanto polos habitantes da cidade de Santiago de Compostela coma por miles de peregrinos que chegan a ela e despois prolongan o camiño tres ou catro días máis.

En efecto, case a metade dos peregrinos que chega a Santiago continúan a viaxe a Fisterra, a Muxía ou a ambos os dous destinos. A relación entre estes diversos puntos da xeografía galega fundaméntase en diferentes lendas que parten da tradición da predicación do apóstolo Santiago no Noroeste peninsular envidadopolo propio Xesús. En Muxía predicou o apóstolo en vida e na costa de Fisterra encóntrase a cidade de Dugium, onde se dirixiron os discípulos de Santiago para pedirlle un lugar de sepultura definitivo, segundo a lenda da translatio contida no Códice Calixtino. Dise que a relación entre o culto apostólico en Santiago de Compostela e esta zona do finis terrae galaico tivo lugar ao pouco tempo do descubrimento da tumba e que, dende logo, quedou plenamente fixada a partir da redacción do Códice Calixtinono século XII. O seu Libro III dá a versión canónica da chegada do corpo do apóstolo a terras galaicas ao pouco de morrer, no mesmo século I.

SSegundo o relato, unha Lupa malintencionada envía os discípulos de Santiago a falar co rei de Dugium acerca dun posible terreo para construír a súa tumba. A localización de Dugium en Fisterranon parece admitir moitas dúbidas: unhas indicacións xeográficas, certamente non moi precisas en calquera das variantes do relato, cobran máis sentido se as unimos á lenda que fala dunha cidade inundada chamada Dugium, situada ao norte do cabo de Fisterra. E non podemos esquecer os topónimos actuais de San Martiño de Duio e San Vicenzo de Duio, ambos os dous preto de Fisterra. Deste xeito, a ponte que se afunde sobre o rei e os seus homes cando perseguían os discípulos identificaríase coa ponte Ons sobre o río Tambre, preto de Negreira. Mesmo se baralla a posibilidade de que o camiño (per viam) polo que chegan ao pazo deste rei faga referencia a un ramal dunha calzada romana: da vía XX, ou Pertola maritima, que percorría a fachada atlántica galaica e da que partiría un viario secundario para unir os diferentes portos pesqueiros.

O certo é que son numerosos os textos literarios nos que se relata este camiño a Fisterra. O primeiro deles data do século XIV e foi escrito por Jorge Grissaphan, un cabaleiro maxiar que, despois de chegar en peregrinación a Santiago, decide permanecer nestas terras galegas como eremita. Buscando un lugar de soidade e contemplación, trasládase ao monte de San Guillerme, no cabo deFisterre. Non obstante, aos poucos meses se sente obrigado a abandonar o seu asentamento debido aos numerosos peregrinos que chegaban ata alí.

Moitos destes relatos falan do monte e da ermida de San Guillerme, hoxe desaparecida. O mesmo pai Vide fai referencia no século XVIII a un curioso ritual para a fertilidade dos esposos que se levaba a cabo alí: “Non hai moito tempo, había unha pila ou cama de pedra na que se botaban marido e muller que, por estériles, recorrían ao Santo e a aquela ermida”. Felizmente, recentes escavacións arqueolóxicas no sitio achegan datos tanxibles para escribir a historia da peregrinación a este finisterrae.

A cantidade de material de uso doméstico permitiu descubrir a presenza dunha ocupación doméstica do lugar dende o século XI, ademais da xa coñecida presenza da ermida. No que se refire á peregrinación, é relevante a aparición dun pequeno colgante de acibeche consistente no talle do apóstolo Santiago vestido como peregrino, con túnica, gorro, vieira e bastón. Tanto o nivel da escavación no que se encontrou, coma a súa iconografía remiten á baixa Idade Media, en torno aos séculos XIII e XV, o cal vén a apoiar a estes relatos en canto á importancia e consolidación da ruta a Fisterra dende os primeiros séculos do fenómeno xacobeo.

Polo que se refire a Muxía, esta localidade aparece na literatura de viaxes jacobea dende mediados do século XV. Sebastián Ilsung de Augsburgo menciona a localidade en 1446 e, neses mesmos anos, unha obra anónima alemá debuxa a igrexa de Muxía e as rochas onde, segundo a lenda, o apóstolo Santiago descansaba cando se lle apareceu a Virxe María nunha barca de pedra guiada por anxos. Dende ela, a Virxe consólao indicándolle que regresase a Xerusalén e que o resultado da súa predicación se vería no futuro. Os lendarios restos desta barca de pedra atraen cada ano miles de persoas que acoden en romaxe. Son as populares “pedra de abalar“, identificada como o bote, e “pedra dous cadrís“, que sería a vela da embarcación.

Polo tanto, todo indica que no século XV ambos os dous santuarios costeiros xa adquiriran gran popularidade no ámbito da peregrinación jacobea, quedando mesmo conectados nun mesmo itinerario. Nesta época dous imaxes pasan a focalizar o culto nestes espazos, dúas imaxes de novo chegadas por mar: o Santo Cristo de Fisterra e un pequeno talle da Virxe da Barca, de estilo gótico. En canto ao primeiro talle, do século XIV, di o licenciadoMolina no XVI que a el acoden os máis romeiros que veñen ao Apóstolo”. A lenda di que foi esculpida por unha testemuña directa da paixón de Xesucristo e fala tamén da súa chegada por mar despois de ser botado do barco no que viaxaba no medio dunha tempestade. Así mesmo, é popular a crenza de que lle crece o pelo e a barba, e así recólleo a canción: Santo Cristo de Fisterra,/Santo da Barba Dourada,/veño de tan lonxe terra,/santo por che ver a cara.

Sobre a imaxe da Virxe da Barca en Muxía, os relatos din que foi encontrada debaixo dunha das rochas e levada de inmediato á igrexa do pobo. Pero a imaxe desapareceu da igrexa e apareceu de novo na rocha onde a encontraran ao principio. Isto interpretouse como que a Virxe quería permanece nese lugar, e por iso construíuse un templo alí mesmo, ao lado do mar.

EVENTOS

October 2017
Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sunday
25 September, 2017 26 September, 2017 27 September, 2017 28 September, 2017 29 September, 2017 30 September, 2017 1 October, 2017
2 October, 2017 3 October, 2017 4 October, 2017 5 October, 2017 6 October, 2017 7 October, 2017 8 October, 2017
9 October, 2017 10 October, 2017 11 October, 2017 12 October, 2017 13 October, 2017 14 October, 2017 15 October, 2017
16 October, 2017 17 October, 2017 18 October, 2017 19 October, 2017 20 October, 2017 21 October, 2017 22 October, 2017
23 October, 2017 24 October, 2017 25 October, 2017 26 October, 2017 27 October, 2017 28 October, 2017 29 October, 2017
30 October, 2017 31 October, 2017 1 November, 2017 2 November, 2017 3 November, 2017 4 November, 2017 5 November, 2017
El tiempo en Roxos
17°
Lunes 20° 
Martes 23° 
tiempo.com  +info