Plan de Acción para a Economia circular

Natureza

Na zona occidental do concello de Santiago de Compostela atópase este val alongado e estreito que se caracteriza por una chaira bastante ampla na zona de veiga, que é onde se concentran a maior parte das entidades de poboación. A súa altura máxima atópase no alto da Uceira de 352 metros.

Pódese dividir o val en diferentes zonas con distintos usos. Así, nos outeiros o uso é principalmente forestal mentres que nas veigas que rodean o val é basicamente agrario. No treito inferior atópanse as terras de labor da concentración parcelaria e as zonas urbanas que se foron desenvolvendo ao carón da estrada de Santiago a Noia (CC-543).

A vexetación dos montes é nunha porcentaxe moi elevada de eucaliptos, especies alóctonas e pirófitas que provocan moitos danos no solo. A Galicia dos mil ríos vese ameazada pola rápida e considerable dispersión desta especie no seu territorio, especialmente na área rural de Santiago de Compostela. Afortunadamente, aínda se poden atopar piñeirais na zona de Vilastrexe e bosques riparios no contorno do río de Roxos que resaltan o valor paisaxístico da zona, ademais dalgunha enxebre carballeira que nos permite rememorar a paisaxe galega de antano.

Son numerosas as especies tanto de flora como de fauna, así como os múltiples ecosistemas da zona. Ademais, existen distintas rutas dispoñibles, idóneas para todo aquel amante da natureza ou do sendeirismo e oportunidade única para apreciar e gozar da gran biodiversidade que atopamos neste territorio.

Flora

Árbores autóctonas: bosque caducifolio dominado polo carballo (quercus robur). A súa maior representación atópase nas ribeiras dos ríos. Nalgúns lugares do territorio, entre as carballeiras e os eucaliptais das zonas medias e altas, desenvólvense piñeirais dando lugar ao bosque mixto.

Bosque mixto: formacións definidas por unha mestura de especies: carballos (quercus robur), piñeiros (pinus pinaster, pinus insignis, pinus pinea) e eucaliptos (eucaliptus globulus), que se dispoñen polo territorio, sendo cada vez máis importante a presenza do eucalipto polo seu aproveitamento forestal.

Ripisilva: Son os bosques que se atopan nas ribeiras dos ríos e dos regatos nos que abundan os ameneiros (alnus glutinosa), abeleiras (Corylus avellana), salgueiros (Salix babylonica) e o bieiteiro ou sabugueiro (Sambucus nigra).

Matogueiras: son formacións que se atopan nas abas dos montes, rodeando o bosque autóctono e as áreas de cultivo. As especies máis representativas son os toxos, xestas e a erica. Esta última goza dun gran número de nomes que varían segundo o lugar do territorio no que se estea a falar; carpaza, carrasca, queirota, foupa, queiruga ou carroucha. Esta última denominación é a máis usual no contorno de Santiago de Compostela, en concreto na parroquia de Villestro, onde os seus habitantes eran antigamente coñecidos como “carroucheiros” xa que se dedicaban á recollida deste arbusto para alimentar o gando.

Fauna

faunaNa área rural de Santiago existe unha gran diversidade de fauna entre a que atopamos anfibios, réptiles, aves e mamíferos que habitan neste territorio. Esta variedade de especies animais é a consecuencia dos múltiples biotopos que atopamos nunha zona relativamente pequena e fortemente humanizada.

Sistema hidrográfico

Entre o Sar e o Sarela atópase Compostela

É ben sabida a importancia do sistema hidrográfico para a cidade de Compostela, xa non só pola industria da curtidoiros de tanta relevancia para Santiago, senón tamén polos muíños e fontes que dan vida tanto ao rural compostelán como ás xentes do centro da cidade. Ademais, é recoñecida a zona dos pescadores da contorna xa que é unha actividade moi característica deste territorio.

O sistema fluvial do municipio presenta un grande interese natural e ecolóxico polas numerosas especies endémicas do noroeste peninsular que se poden atopar, tanto de flora como de fauna. Así mesmo, os ecosistemas acuáticos contribúen a manter a biodiversidade e mellorar as condicións ambientais do territorio.

Son moitos os regatos e as fontes que atopamos en Villestro pero é o río de Roxos o que leva o protagonismo, xa non só por ser o máis caudaloso senón porque nace e morre nesta parroquia. Comeza no lugar de Reborido para acabar uníndose ao Sar fronte ao castro de Mirás e ás ruínas da antiga fábrica de papel do Pego no seu tramo final, lugar para non esquecer. Un bosque onde as pequenas fervenzas e os rápidos do río nos fan transportarnos a un recuncho encantado, onde se nos fai cómplices deste contorno privilexiado. Unha paraxe única a un paso do centro da cidade. O tramo non é excesivamente longo, sobre uns 600 metros, pero as pozas están rodeadas de carballeiras mesturadas con loureiros e bosques riparios como freixos ou ameneiros que coa auga escavando sucos van creando esta atmosfera máxica.

EVENTOS

December 2017
Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sunday
27 November, 2017 28 November, 2017 29 November, 2017 30 November, 2017 1 December, 2017 2 December, 2017 3 December, 2017
4 December, 2017 5 December, 2017 6 December, 2017 7 December, 2017 8 December, 2017 9 December, 2017 10 December, 2017
11 December, 2017 12 December, 2017 13 December, 2017 14 December, 2017 15 December, 2017 16 December, 2017 17 December, 2017
18 December, 2017 19 December, 2017 20 December, 2017 21 December, 2017 22 December, 2017 23 December, 2017 24 December, 2017
25 December, 2017 26 December, 2017 27 December, 2017 28 December, 2017 29 December, 2017 30 December, 2017 31 December, 2017
El tiempo en Roxos
12°
Martes 14° 
Miércoles 14° 
tiempo.com  +info
Ríos de Santiago de Compostela
Río TambreRío Corgo
Río SarRío da Sionlla
Río SarelaRío Santa Lucía
Ríos e regatos de Villestro
Río de RoxosRegato de Fontecova
Regato de Porto MareloRegato de Portela

Decálogo de boas prácticas ambientais
  • Reduce, reutiliza e recicla o máximo posible.
  • Consume a enerxía necesaria sen malgastar.
  • Separa os residuos e lévaos ao colector correspondente.
  • Non movas o vehículo se non é necesario, usa as escaleiras e evita o ascensor.
  • Non uses equipos a media carga.
  • Evita utilizar os sistemas de augas salgadas en lugar de augas doces.
  • Procura facer o mínimo ruído, tanto no medio natural como no profesional e familiar.
  • Practica medidas permanentes de aforro de auga e luz.
  • Non malgastes materias primas.
  • Avisa e corrixe calquera anomalía de exceso de consumo enerxético no teu contorno.
¡Non esquezas!
  • Evita recoller ou cortar plantas e danar ou molestar os animais xa que podes poñer en perigo especies ameazadas
  • Non introduzas especies exóticas, como tartarugas de acuario ou carpas vermellas, xa que causan danos no medio moi difíciles de recuperar
  • Recolle o lixo que xeres e deposítao en colectores axeitados
  • Respecta as explotacións agrícolas e non molestes o gando
  • Evita facer ruído
  • Non fagas lume fóra dos lugares e das épocas establecidas xa que podes provocar un incendio con consecuencias nefastas para o contorno natural e a biodiversidade.