Plan de Acción para a Economia circular

Ruta Pequegrin@s no Camiño de Santiago a Fisterra

PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA DIRIXIDA A CEIPS DE GALICIA E OFERENTES DE ACTIVIDADES DIDÁCTICAS E OCIO INFANTIL

Descrición

Santiago de Compostela era unha pequena cidade que medraba na volta da catedral,  estaba protexida por uhna muralla que a rodeaba. Xentes de todo o mundo viña a visitar o sepulcro do  Apóstol  Santiago e tamén a vender e intercambiar produtos do rural e de toda Galicia. Esta actividade consiste en percorrer os primeiros kilómetros do Camiño a Fisterra sin sair do Concello de Santiago de Compostela. Propoñemos que sexades  peregrin@s por unhas horas, iredes descubrindo como era a vida cotiá no Santiago medieval  e a vida do seu entorno rural. Acercarédesvos  a cultura e a historia de forma próxima, entretida e adaptada aos/as  nen@s. Aprender a valorar a historia dunha forma accesible e poñer en valor o noso rural e o  turismo sostible é un dos obxetivos  desta actividade. É  un  percorrido de nivel moi suave ideal para idades entre os 6 e os 12 anos acompañados por un/a mestre/a.

Información

– Tipo de actividade: Ruta exterior a pé.

– Duración: 3.7 km e 2 horas aproximadamente.

– Dificultade: Baixa.

– Punto de saída: Praza do Obradoiro.

– Punto final: Moas de Abaixo.

Recomendacións

– Paradas recomendadas para actividades: Praza do Obradoiro, Carballeira de San Lourenzo, Ponte Sarela, Sarela de Abaixo.

– Actividades recomendadas: Confección de indumentaria típica do peregrin@ (cabazas, conchas, sombreiro…). Actividades dos sentidos, realización de crebacabezas, busca do tesouro, collaxes, cancións…

Aruta será máis divertida e didáctica se o/a mestre/a prepara o percorrido. Para elo dámosvos unha serie de pautas:

As saídas teñen un específico valor educativo, didáctico e social. Son actividades escolares; polo tanto, deberán estar relacionadas claramente cos obxetivos sociais, pedagóxicos ou didácticos da ensinanza e ser preparadas e aproveitadas nas actividades da clase.

Preparación da saída
  1. Visita previa do mestre/a, para saber qué tipo de actividades poden realizarse i en canto tempo.
  2. Recopilar información do lugar de estudio para poder planificar mellor as actividades e saber contestar as preguntas que formulen @s nen@s.
  3. Programación da saída: fixaremos obxetivos, contidos e actividades a realizar na saída.
  4. Coñecer o que os alumnos/as saben sobre o tema, mediante actividades de coñecementos previos .
  5. Motivar aos alumnos/as é fundamental, imos acercar ao alumno/a ao tema e a provocar o interese d@ nen@ pola realidade que teñen que aprender.
  6. Informarlles do que van a facer. @s propios nen@s poden tomar decisións sobre o que desexan facer e sobre cómo agruparse, podemos formar equipos, e preparar para o día da saída unha tarxeta de identificación para cada nen@:  en cartulina de diferentes cores para cada equipo.
  7. Explicarlles o que deben levar: roupa axeitada, calzado deportivo, si deben levar comida e auga, etc.
Trala actividade

O aproveitamento da saída non remata, como aínda creen algúns profesores/as, coa volta ao centro. Durante o día ou días seguintes pódense crear situacións de comunicación e intercambio do  visto e do material recollido (follas, froitos, fotografías, materiais ofrecidos polas  persoas do lugar…), así como levar aos nen@s a que o expresen mediante a linguaxe plástica, a expresión corporal, a música, etc.

  1. Unha posta en común.
  2. Realizar diferentes actividades conectadas coa saída.
  3. Facer actividades complementarias.
  4. Facer unha evaluación posterior todos xuntos, profesores/as e alumnos/as, para reafirmarse no procedemento seguido ou buscar otro mellor.

* Aquí entramos nós e para elo realizamos un caderno de viaxe que podedes descargar en formato pdf, e completalo ao ritmo que queirades na clase, ou pode orientarvos a preparar a saída e organizar a información e actividades que se van a realizar.

* Tamén dispoñedes dun enlace con xogos interactivos relacionados coa peregrinación e o entorno paisaxístico- natural autóctono

Esta actividade está dirixida a centros educativos principalmente de primaria e guías e animadores sociculturais que desexen incluila na súa oferta didáctica e de ocio infantil.