5ª Parada
Río Sarela
Río Sarela
A importancia histórica das canles fluviais na articulación do territorio e na peregrinación.
Afinais do século once o Camiño a Santiago era unha gran arteria pola que circulaban multitude de peregrinos de todas as partes do mundo. A súa importancia impulsou numerosas iniciativas para o seu equipamento, esta ponte tardío-medieval do século quince é testemuña delo, aínda que se cree que é anterior, non existe documentación.
Cruza o río Sarela que foi un espazo destacado para o recreo da veciñanza de Compostela xunto co Sar. Ao longo de todo o percorrido desta ruta, atopamos mostras dos distintos usos como fonte de recursos e espacios de traballo: lavandeiras e muiñeiros, actividades desaparecidas hoxe. Ademáis acolle abundantes mostras do antiguo esplendor da industria máis importante da cidade durante o século dezanove, que foron as fábricas de curtido de peles. Só en Compostela chegou a haber 27, algunha delas dirixidas por mulleres.
O mal cheiro que desprendían os materiais e sustancias utilizadas obligaba a situalas nos arrabales da cidade. O tratamento da pel era moi custoso e duraba aproximadamente 6 meses, cabe mencionar que un dos tratamentos era con tanino, que se extraía de forma natural dos castiñeiros ricos en tanino, de aí a palabra “tenería” e como curiosidade mencionar que tamén era tratada con excremento de can. Aínda que a maior demanda era o clero, non somos conscientes da gran importancia que tivo a industria do coiro, foles, pezas de vestimenta, cinto, zapatos, etcétera…de aquí saía pel para Castilla e Madrid, incluso a Málaga e a Cádiz a través do porto de Carril. O seu florecemento en Compostela vén dado da man dun feixe de mestres curtidores vasco-franceses, chegados desde finais do século dezaoito. No ano 1790, don Antonio Espiño, comerciante santiagués, adquiriu esta que podemos ver: a fábrica da Ribeira de San Lourenzo e despois de pasar por varias mans, xa coñecida como a fábrica de Santaló foi finalmente vendida a Santiago Harguindey Broussain no 1886, que foi un dos comerciantes que controlaba a maior parte desta industria en Compostela. O seu abandono prodúcese na segunda metade do século dezanove (1959).
A antiga fábrica de Santaló está formada por dous corpos, na parte baixa a beira do río os píos, instalación do muíño de casca, canalizacións, e unha fasquía, que de non ser pola caída da totalidade da cuberta, sería a mesma dos seus últimos anos de traballo. Na parte superior, ao outro lado do río, a breves metros dunha magnífica carballeira, un muro de mampostería e o antigo secadeiro vemos hoxe todo rehabilitado como vivendas de luxo. O arquitecto que dirixiu a obra foi Otero Pombo.