Plan de Acción para a Economia circular

Descrición do Centro

Espazo concibido para achegar ao público a riqueza arqueolóxica, natural e histórica da parroquia de Villestro

O Centro de Interpretación de Villestro (CIVI), promovido pola Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago, é un espazo concibido para achegar ao público a riqueza arqueolóxica, natural e histórica da parroquia de Villestro situada no Val de Roxos, etapa inicial do Camiño a Fisterra. O CIVI está situado na antiga escola unitaria de Villestro, reformada por completo, construída nos anos setenta do século pasado, de planta rectangular, que ocupa unha parcela de 4500 m2.

Trátase dun edificio cunha superficie de 260 m2 dividido en baixa e planta alta. A planta baixa presenta á súa vez unha división en 2 pequenas salas situadas cada unha a ambos os dous lados da entrada, situándose a recepción na sala da esquerda. A planta alta é un espazo aberto e diáfano, adaptable para calquera tipo de actividade expositiva e didáctica.

O centro conta tamén con ascensor e todos os accesos están pensados para facilitar a eliminación das barreiras arquitectónicas.

 

Información ao visitante

O CIVI conta cun horario de visitas dirixido ao publico en xeral e moi especialmente aos camiñantes que se dirixan a Fisterra.

Exposiciones temáticas

Ofrécese unha programación de exposicións tanto temporais coma permanentes. A temática principal será a arte rupestre. Como mostra arrancamos as actividades do centro coa exposición COMPOSTEla RUPESTRE.

Talleres e xornadas técnicas

Dirixidas a colectivos específicos co fin de cubrir as necesidades de cada un deles (escolares, docentes, profesionais…)

Visitas guiadas

Dirixidas a grupos. Nelas buscarase achegar á sociedade a riqueza natural e arqueolóxica de Villestro. Deberán ser concertadas mediante solicitude previa enchendo o formulario que se encontra nesta páxina.

EVENTOS

November 2019
Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sunday
28 October, 2019 29 October, 2019 30 October, 2019 31 October, 2019 1 November, 2019 2 November, 2019 3 November, 2019
4 November, 2019 5 November, 2019 6 November, 2019 7 November, 2019 8 November, 2019 9 November, 2019 10 November, 2019
11 November, 2019 12 November, 2019 13 November, 2019 14 November, 2019 15 November, 2019 16 November, 2019 17 November, 2019
18 November, 2019 19 November, 2019 20 November, 2019 21 November, 2019 22 November, 2019 23 November, 2019 24 November, 2019
25 November, 2019 26 November, 2019 27 November, 2019 28 November, 2019 29 November, 2019 30 November, 2019 1 December, 2019
El tiempo en Roxos
14°
Martes 11° 
Miércoles 12° 
tiempo.com  +info