Plan de Acción para a Economia circular

Ruta Pequegrin@s no Camiño de Santiago a Fisterra

PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA DIRIXIDA A CEIPS DE GALICIA E OFERENTES DE ACTIVIDADES DIDÁCTICAS E OCIO INFANTIL

Descrición

Santiago de Compostela era unha pequena cidade que medraba na volta da catedral,  estaba protexida por uhna muralla que a rodeaba. Xentes de todo o mundo viña a visitar o sepulcro do  Apóstol  Santiago e tamén a vender e intercambiar produtos do rural e de toda Galicia. Esta actividade consiste en percorrer os primeiros kilómetros do Camiño a Fisterra sin sair do Concello de Santiago de Compostela. Propoñemos que sexades  peregrin@s por unhas horas, iredes descubrindo como era a vida cotiá no Santiago medieval  e a vida do seu entorno rural. Acercarédesvos  a cultura e a historia de forma próxima, entretida e adaptada aos/as  nen@s. Aprender a valorar a historia dunha forma accesible e poñer en valor o noso rural e o  turismo sostible é un dos obxetivos  desta actividade. É  un  percorrido de nivel moi suave ideal para idades entre os 6 e os 12 anos acompañados por un/a mestre/a.

Información

– Tipo de actividade: Ruta exterior a pé.

– Duración: 3.7 km e 2 horas aproximadamente.

– Dificultade: Baixa.

– Punto de saída: Praza do Obradoiro.

– Punto final: Moas de Abaixo.

Recomendacións

– Paradas recomendadas para actividades: Praza do Obradoiro, Carballeira de San Lourenzo, Ponte Sarela, Sarela de Abaixo.

– Actividades recomendadas: Confección de indumentaria típica do peregrin@ (cabazas, conchas, sombreiro…). Actividades dos sentidos, realización de crebacabezas, busca do tesouro, collaxes, cancións…

Aruta será máis divertida e didáctica se o/a mestre/a prepara o percorrido. Para elo dámosvos unha serie de pautas:

As saídas teñen un específico valor educativo, didáctico e social. Son actividades escolares; polo tanto, deberán estar relacionadas claramente cos obxetivos sociais, pedagóxicos ou didácticos da ensinanza e ser preparadas e aproveitadas nas actividades da clase.

Preparación da saída
  1. Visita previa do mestre/a, para saber qué tipo de actividades poden realizarse i en canto tempo.
  2. Recopilar información do lugar de estudio para poder planificar mellor as actividades e saber contestar as preguntas que formulen @s nen@s.
  3. Programación da saída: fixaremos obxetivos, contidos e actividades a realizar na saída.
  4. Coñecer o que os alumnos/as saben sobre o tema, mediante actividades de coñecementos previos .
  5. Motivar aos alumnos/as é fundamental, imos acercar ao alumno/a ao tema e a provocar o interese d@ nen@ pola realidade que teñen que aprender.
  6. Informarlles do que van a facer. @s propios nen@s poden tomar decisións sobre o que desexan facer e sobre cómo agruparse, podemos formar equipos, e preparar para o día da saída unha tarxeta de identificación para cada nen@:  en cartulina de diferentes cores para cada equipo.
  7. Explicarlles o que deben levar: roupa axeitada, calzado deportivo, si deben levar comida e auga, etc.
Trala actividade

O aproveitamento da saída non remata, como aínda creen algúns profesores/as, coa volta ao centro. Durante o día ou días seguintes pódense crear situacións de comunicación e intercambio do  visto e do material recollido (follas, froitos, fotografías, materiais ofrecidos polas  persoas do lugar…), así como levar aos nen@s a que o expresen mediante a linguaxe plástica, a expresión corporal, a música, etc.

  1. Unha posta en común.
  2. Realizar diferentes actividades conectadas coa saída.
  3. Facer actividades complementarias.
  4. Facer unha evaluación posterior todos xuntos, profesores/as e alumnos/as, para reafirmarse no procedemento seguido ou buscar otro mellor.

* Aquí entramos nós e para elo realizamos un caderno de viaxe que podedes descargar en formato pdf, e completalo ao ritmo que queirades na clase, ou pode orientarvos a preparar a saída e organizar a información e actividades que se van a realizar.

* Tamén dispoñedes dun enlace con xogos interactivos relacionados coa peregrinación e o entorno paisaxístico- natural autóctono

Esta actividade está dirixida a centros educativos principalmente de primaria e guías e animadores sociculturais que desexen incluila na súa oferta didáctica e de ocio infantil.

EVENTOS

Xaneiro 2021
Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
28 Decembro, 2020 29 Decembro, 2020 30 Decembro, 2020 31 Decembro, 2020 1 Xaneiro, 2021 2 Xaneiro, 2021 3 Xaneiro, 2021
4 Xaneiro, 2021 5 Xaneiro, 2021 6 Xaneiro, 2021 7 Xaneiro, 2021 8 Xaneiro, 2021 9 Xaneiro, 2021 10 Xaneiro, 2021
11 Xaneiro, 2021 12 Xaneiro, 2021 13 Xaneiro, 2021 14 Xaneiro, 2021 15 Xaneiro, 2021 16 Xaneiro, 2021 17 Xaneiro, 2021
18 Xaneiro, 2021 19 Xaneiro, 2021 20 Xaneiro, 2021 21 Xaneiro, 2021 22 Xaneiro, 2021 23 Xaneiro, 2021 24 Xaneiro, 2021
25 Xaneiro, 2021 26 Xaneiro, 2021 27 Xaneiro, 2021 28 Xaneiro, 2021 29 Xaneiro, 2021 30 Xaneiro, 2021 31 Xaneiro, 2021

Santiago de Compostela
12°
Néboa
08:5418:39 CET
Sensación: 12°C
Vento: 5km/h SSW
Humidade: 99%
Presión: 1018.63mbar
Índice UV: 0
MerXovVen
14/11°C
14/11°C
13/8°C