paisaje villestro

No VAL DE ROXOS

descobre VILLESTRO

salto de agua

Natureza

descobre os nosos ríos...

ramas mojadas

os nosos bosques

camino entre el bosque

O pracer de camiñar

Sendeirismo

Rutas BTT

Camiño Santiago-Fisterra

Arte rupestre

A linguaxe das pedras

Nace coa vontade de ofrecer novas alternativas de ocio para os que viven e os que chegan, valorizar o rural compostelán, a súa xente, os seus costumes, o seu patrimonio máis escondido. Achégate a gozar dunha interpretación sinxela da arte rupestre e o Camiño a Fisterra, redescobre a arte de camiñar…

Varios son os Camiños que chegan a Compostela, pero só un sae da cidade cara ao fin da terra. O Camiño de Fisterra é o epílogo e a prolongación da experiencia xacobea. Achégate a este camiño centenario, á súa historia, ás súas etapas, á súa paisaxe…

Viaxemos. Camiñemos de volta ao pasado, a unha época onde a natureza nos mergullaba en todo o seu esplendor, moi lonxe de artificios hoxe presentes. Imaxinémonos entre carballeiras e brañas e observemos o gran tesouro que nos deixaron: as pegadas do seu paso polo mundo, A LINGUAXE DAS ROCHAS.