Descrición do Centro
Espazo concibido para achegar ao público a riqueza arqueolóxica, natural e histórica da parroquia de Villestro
Espazo concibido para achegar ao público a riqueza arqueolóxica, natural e histórica da parroquia de Villestro
O Centro de Interpretación de Villestro (CIVI), promovido pola Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago, é un espazo concibido para achegar ao público a riqueza arqueolóxica, natural e histórica da parroquia de Villestro situada no Val de Roxos, etapa inicial do Camiño a Fisterra. O CIVI está situado na antiga escola unitaria de Villestro, reformada por completo, construída nos anos setenta do século pasado, de planta rectangular, que ocupa unha parcela de 4500 m2.
Trátase dun edificio cunha superficie de 260 m2 dividido en baixa e planta alta. A planta baixa presenta á súa vez unha división en 2 pequenas salas situadas cada unha a ambos os dous lados da entrada, situándose a recepción na sala da esquerda. A planta alta é un espazo aberto e diáfano, adaptable para calquera tipo de actividade expositiva e didáctica.
O centro conta tamén con ascensor e todos os accesos están pensados para facilitar a eliminación das barreiras arquitectónicas.
Información ao visitante
O CIVI conta cun horario de visitas dirixido ao publico en xeral e moi especialmente aos camiñantes que se dirixan a Fisterra.
Exposiciones temáticas
Ofrécese unha programación de exposicións tanto temporais coma permanentes. A temática principal será a arte rupestre. Como mostra arrancamos as actividades do centro coa exposición COMPOSTEla RUPESTRE.
Talleres e xornadas técnicas
Dirixidas a colectivos específicos co fin de cubrir as necesidades de cada un deles (escolares, docentes, profesionais…)
Visitas guiadas
Dirixidas a grupos. Nelas buscarase achegar á sociedade a riqueza natural e arqueolóxica de Villestro. Deberán ser concertadas mediante solicitude previa enchendo o formulario que se encontra nesta páxina.
Información de interese
LLuns | MMartes | MMércores | XXoves | VVenres | SSábado | DDomingo |
---|---|---|---|---|---|---|
11 Febreiro, 2021 | 22 Febreiro, 2021 | 33 Febreiro, 2021 | 44 Febreiro, 2021 | 55 Febreiro, 2021 | 66 Febreiro, 2021 | 77 Febreiro, 2021 |
88 Febreiro, 2021 | 99 Febreiro, 2021 | 1010 Febreiro, 2021 | 1111 Febreiro, 2021 | 1212 Febreiro, 2021 | 1313 Febreiro, 2021 | 1414 Febreiro, 2021 |
1515 Febreiro, 2021 | 1616 Febreiro, 2021 | 1717 Febreiro, 2021 | 1818 Febreiro, 2021 | 1919 Febreiro, 2021 | 2020 Febreiro, 2021 | 2121 Febreiro, 2021 |
2222 Febreiro, 2021 | 2323 Febreiro, 2021 | 2424 Febreiro, 2021 | 2525 Febreiro, 2021 | 2626 Febreiro, 2021 | 2727 Febreiro, 2021 | 2828 Febreiro, 2021 |
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.