Sabías que?
A poucos kilómetros da cidade de Santiago de Compostela atopamos a tranquilidade e a beleza dunha das súas parroquias rurais, Santa María de Villestro
A poucos kilómetros da cidade de Santiago de Compostela atopamos a tranquilidade e a beleza dunha das súas parroquias rurais, Santa María de Villestro
A través desta proposta de dinamización deste rico territorio de Compostela preténdese achegar ao visitante á realidade de outrora, pero tamén ás oportunidades que hoxe en día se presentan en torno á revalorización de actividades no medio rural. Unha oportunidade para coñecer, poñer en valor e rescatar todo ese patrimonio etnográfico-cultural e natural.
O Val de Roxos, no corazón de Galicia, está salpicado de numerosas aldeas que manteñen hoxe en día a súa idiosincrasia. Aldeas que, antigamente, centraban toda a actividade económica e social de Galicia.
Un paraíso natural para o senderismo cunha variada orografía e paisaxes naturais, a oportunidade de coñecer o patrimonio etnográfico- cultural en equilibrio cos recursos da contorna e todo un paraíso rupestre por descubrir fan de Villestro unha experiencia única.
O paso continuo de peregrin@s cara a Fisterra , a prolongación do Camiño de Santiago cara ao fin do mundo coñecido, supón unha mirada ao mundo rural compostelán, que acolle este percorrido desde tempos inmemoriais.
Villestro foi nas últimas décadas destino da migración da área urbana, converténdoa así na parroquia máis poboada do rural de Compostela, con 1.961 habitantes. Confórmana trece aldeas: Reborido, Fraíz, Carlexo, Feáns, Trasigrexa, Quintáns, Portela, Vilastrexe, Roxos, Silvouta, Carballal, Pedrido e Piñeiro.
Durante o medievo e ata comezos do século XIX, a veciñanza de Villestro pertencía ao señorío dos arzobispos de Santiago, e estaba integrada, xunto a Conxo, Biduido, Laraño e outros lugares de Ames e Teo, no distrito denominado Xiro dá Rocha, con sé no Castelo dá Rocha Forte.
Coa Constitución liberal de 1812 creáronse os primeiros Concellos. Entre 1821 e 1823 Villestro foi designada capital municipal, ata que en 1835 pasou a formar parte do Concello de Conxo e posteriormente, en 1925, do actual Concello de Santiago.
Información de interese
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.