Historia dos petróglifos
Viaxe á prehistoria a través do pasado
Viaxe á prehistoria a través do pasado
Vémonos aquí, como se a nosa vida fose sempre así. Viaxemos. Camiñemos de volta ao pasado, a unha época onde a natureza nos mergullaba en todo o seu esplendor, moi lonxe dos artificios hoxe presentes.
Vaiamos a ese lugar, o mesmo no que hoxe nos atopamos. Imaxinémonos entre carballeiras e brañas, e observemos o gran tesouro que nos deixaron: as pegadas dos paso polo mundo, A LINGUAXE DAS ROCHAS.
Ao longo dos séculos, os historiadores intentaron desvelar o pasado, acceder a el, a través dos restos .
En realidade o historiador e o arqueólogo constrúen metáforas dese pasado. A intención é desvelar, traducir os datos obxectivos dunha representación do pasado, para recreala e reconstruíla. O seu fin é estudar estes restos, protexelos e conservalos.
Os petróglifos son unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras, un conxunto de gravados rupestres ao aire libre, cun simbolismo complexo e difícil de interpretar. Son o antecedente dos símbolos previos á escritura..
A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe
Os petróglifos galegos son unha das manifestacións máis xenuínas da nosa arte prehistórica. Utilizar a expresión estilo atlántico é máis completo que referirse só a grupo galaico de arte rupestre (III-II milenio a. de C) posto que este estilo esténdese desde o norte de Portugal ata o norte das illas Británicas incluíndo Galicia e Irlanda.
Atopáronse petróglifos en todos os continentes do noso planeta, con similitudes rechamantes entre eles. Aínda que en xeral os petróglifos poden pertencer a épocas moi diferentes da historia, a maioría dos que se encontran en Galiza encádranse na Idade dos Metais, sendo case todos da Idade do Bronce, cos inicios da fundición do cobre na etapa do Calcolítico (aproximadamente entre 2.000 e 1.800 anos a.C.). Nalgunhas ocasións o cristianismo procesou os símbolos considerados pagáns, quedando as imaxes ocultas por ermidas, igrexas ou cruceiros construídos no lugar que estaban ocupando. Como resultado, estes lugares cristianizados foron obxectivo de lendas pagás (cos mouros de protagonistas en moitos casos).
Información de interese
LLuns | MMartes | MMércores | XXoves | VVenres | SSábado | DDomingo |
---|---|---|---|---|---|---|
2828 Decembro, 2020 | 2929 Decembro, 2020 | 3030 Decembro, 2020 | 3131 Decembro, 2020 | 11 Xaneiro, 2021 | 22 Xaneiro, 2021 | 33 Xaneiro, 2021 |
44 Xaneiro, 2021 | 55 Xaneiro, 2021 | 66 Xaneiro, 2021 | 77 Xaneiro, 2021 | 88 Xaneiro, 2021 | 99 Xaneiro, 2021 | 1010 Xaneiro, 2021 |
1111 Xaneiro, 2021 | 1212 Xaneiro, 2021 | 1313 Xaneiro, 2021 | 1414 Xaneiro, 2021 | 1515 Xaneiro, 2021 | 1616 Xaneiro, 2021 | 1717 Xaneiro, 2021 |
1818 Xaneiro, 2021 | 1919 Xaneiro, 2021 | 2020 Xaneiro, 2021 | 2121 Xaneiro, 2021 | 2222 Xaneiro, 2021 | 2323 Xaneiro, 2021 | 2424 Xaneiro, 2021 |
2525 Xaneiro, 2021 | 2626 Xaneiro, 2021 | 2727 Xaneiro, 2021 | 2828 Xaneiro, 2021 | 2929 Xaneiro, 2021 | 3030 Xaneiro, 2021 | 3131 Xaneiro, 2021 |
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.