Acheguémonos á historia dos barrios de Compostela a través do tempo, no barrio do Pombal camiño a Fisterra, a vida cotiá da súa xente fora das murallas, a súa relación co camiño, a prostitución, o clero, os feirantes, os gremios, o comercio, os traballadores nas ferrerías, nas acibecheiras , e nas curtidurías. Estamos no barrio do Pombal un dos barrios máis emblemáticos e máis coñecidos da vila de Compostela tanto no imaxinario popular como na literatura. Non esquezamos que por el transita unha das rutas de entrada e saída á cidade, situado fora do espazo amurallado. Dado o seu emprazamento no camiño e nas relacións comerciais e sociais asentaranse varios prostíbulos.
A prostitución, ao longo do tempo desempeñou unha das actividades máis usadas e presentes na sociedade compostelán. Na base de todo, temos que ter en conta, o concepto cultural de entender as relacións sexuais, e papel encorsetado que desempeñaban as mulleres na sociedade .
No mundo medieval, as posibilidades que se ofrecen ás mulleres de escoller o marco en que han de desenvolver o seu proxecto de vida persoal son fundamentalmente tres: matrimonio, convento ou marxinalidade.
Pinceladas máis recentes do Pombal. Finais do século XX
A Rúa “O Pombal” discorre paralela ao paseo da Ferradura da Alameda Compostelán, nese “palomar” proliferaban os bares e establecimientos nos que moitas mulleres exerceron a prostitución desde (estase a falar do momento presente non histórico) a segunda metade dos 70 (tras a morte de Franco), ata finais dos 90, data na que comezou a decadencia de esta actividade
Houbo máis de 10 locais deste tipo no últimos 30 años, con 10-16 mulleres exercendo en cada un deles, a día de hoxe esa actividade está practicamente erradicada.
Establecementos emblemáticos como “El Trébol” foron famosos na década dos 80 e principios dos 90, dando naquela época a la Rúa de O Pombal o verdadeiro estatus de barrio Chino de Santiago.
Pequena pincelada da peregrinación das mulleres
As primeiras mulleres en interesarse polo camiño foron as raíñas, que acompañaban aos seus consortes cando ían a rezar ante o sepulcro de Santiago. De inmediato convertéronse en grandes protectoras e mecenas impulsando a creación de diferentes infraestruturas ao longo do Camiño. Ao comezos do século IX prodúcese o descubrimento dos restos do Apóstolo. Ao pouco tempo comezan as visitas dos monarcas ao lugar do achádego acompañados das súas esposas: Jimena con Alfonso III, Elvira con Ordoño, Urraca con Fruela, Gatona, Fronilde, Sancha…
Foron as que máis contribuíron ao Camiño fundando hospitais, albergues, promovendo a construción de pontes e outras infraestruturas viarias, axudando a peregrinos como a propia sede compostelán con constantes donacións
Sempre presente na mente das peregrinas e peregrinos cristiáns, a Virxe María foi e é a gran protectora do Camiño. A tradición atribúelle innumerábeis Miragres.
Asociacións Villestro
Información de interese