• Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to Youtube
  • GALEGO GALEGO GALEGO gl
  • ESPAÑOL ESPAÑOL ESPAÑOL es
Centro de Interpretación de Villestro
  • CIVI
    • Descrición do Centro
    • Exposición Compostela Rupestre
    • Información e visitas
  • Coñece Val de Roxos
    • Sabías que…?
    • Puntos de interese
    • Natureza
    • Etnografía
  • Que facer?
    • Rutas destacadas
    • Rutas “Wikiloc” en Villestro
  • Planifica a túa visita
    • Como chegar?
    • Onde comer?
    • Onde durmir?
  • Camiño a Fisterra
    • Historia
    • Etapas
  • Arte rupestre
    • Historia dos petróglifos
    • Como se vivía naquela época?
    • A arte rupestre na bisbarra
  • Recursos
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

Etapa 1: Santiago-Negreira

peregrina
flora autoctona

Despois de visitar a catedral de Santiago e dende a Praza do Obradoiro, lugar emblemático da cidade, tómase rumbo cara a Fisterra pola desaparecida porta do Peregrino ou porta da Trindade, avanzando polas pequenas rúas compostelás ata chegar á carballeira de San Lourenzo. É neste lugar onde se atopa o primeiro fito sinalizando este camiño cara á “fin do mundo”.

Continúase pola costa do Cano cara ao río Sarela, cruzando a ponte onde aínda se poden divisar as ruínas dun antigo curtidoiro, un dos moitos que bordeaban o río antigamente e marca de identidade da cidade. Unha pista estreita de gran beleza guía o noso camiño e aproxímanos ao alto desde onde se pode volver a vista atrás para divisar de novo a fermosa catedral de Santiago e o perfil da cidade compostelá.

Prosegue o sendeiro polo antigo camiño das leiteiras a Santiago, correctamente sinalizado, ata as Moas de Abaixo, paso previo á entrada no Val de Roxos. Nun primeiro momento o camiño transcorre por asfalto para proseguir por un terreo pedregoso rodeado de eucaliptos ata chegar a Quintáns, dende onde se poden apreciar as vistas a o fermoso val. Continúa ata o concello de Ames pola ponte medieval de Brea ata alto do Vento, inmersos xa no municipio amiense. O Camiño alcanza o núcleo de Augapesada, onde aínda se conserva outra ponte dun só ollo de orixe medieval que cruza o rego dos Pasos e inicia a ascensión ao alto do Mar de Ovellas. Son impresionantes as vistas que dende aquí se teñen do val da Amaía. É neste tramo cando se van podendo divisar interesantes exemplos de arquitectura relixiosa e casas tradicionais á beira do río Tambre que se cruza pola ponte de finais do século XIV en Ponte Maceira. Do outro lado da ponte agarda xa a comarca da Barcala e, dando paso á localidade de Negreira, atópase o pazo de Chancela. Chégase entón á vila de Negreira, de orixe medieval e onde se poden visitar a capela de San Mauro ou o pazo de Cotón.

Asociacións Villestro

Sociedade Deportiva de Villestro

Andadiós Club Ciclista

Información de interese

Colectivo A Rula

Santiago turismo

Turgalicia

Xacobeo

Parques e xardíns de Santiago (PDFs)

Xunta de Galicia
Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Comunidad Europea
Obradoiros de Emprego
© Concello de Santiago. Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promociòn Econòmica e Xuventude
Créditos e Agradecementos
Scroll to top Scroll to top Scroll to top

ESTA PÁXINA WEB USA COOKIES propias e de terceiros. Usanse para mostrarlle marketing/publicidade, personalizar o contido e os anuncios, estadísticas e de preferencia, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o tráfico de navegación. Ainda que acepte unha cookie sempre poderá modificalo seu consentimento e rechazala. Pode cambiar a configuración, obter máis información sobre a nosa política de cookies e aceptalas dende os seguintes

Política de privacidade

Consulte a nosa política de privacidade

Cookies estritamente necesarias

As cookies estritamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.