O Noso Camiño

RUTA CULTURAL ECOTURÍSTICA:
A arte de peregrinar a través do tempo

Descrición

Varios son os Camiños que chegan a Compostela, pero só un sae da cidade cara ao fin do mundo. O Camiño de Fisterra é o epílogo e a prolongación da experiencia xacobea. Achégate a un tramo deste camiño milenario, explora outras formas de coñecer, apreciar e querer a nosa terra… presente e pasado do ámbito de Santiago, a súa riqueza arqueolóxica, o seu patrimonio, a historia da súa xente, aldeas e paisaxes…
Invitámoste a vivir a peregrinación, como unha experiencia viaxeira auténtica, cun ritmo diferente, máis pausado. A capacidade do Camiño para potenciar o intercambio cultural, a solidariedade e a hospitalidade… sorprenderante.

Información

– Inicio: 09.00h. Praza do Obradoiro.

– Fin: Centro de Interpretación de Villestro

– Distancia: 7,9 km.

– Duración: 3 horas.

– Dificultade: Media‐baixa.

Recomendacións

Roupa cómoda, calzado axeitado e auga

Itinerario

Se vos apetece repor forzas, podedes optar por algún dos establecementos de restauración da parroquia.

 Ocasión única para gozar dun ambiente distendido e amigable coa xente do lugar.

Onde comer?