…. e chegamos ao final do camiño
Muxía e Fisterra están tan só a 31 km de distancia. Por iso, en caso de chegar a unha ou outra meta de peregrinación, existe a posibilidade de realizar unha derradeira etapa para conectar estas dúas vilas. A proposta seguinte explica o percorrido de Fisterra a Muxía pero pódese realizar en ambos os sentidos, dependendo da decisión tomada na bifurcación de Hospital.
O primeiro lugar que se atopa nesta etapa é San Martiño de Duio, lugar onde estarían as ruínas de Dugium que, segundo a lenda, era onde residía o legado de Roma.
O camiño avanza entre campos de labranza, bosques e aldeas onde a arquitectura rural tradicional galega se mestura coa arquitectura eclesiástica. É importante o protagonismo do mar e da fauna que podemos atopar no percorrido, como por exemplo, a variedade de aves rexistradas na ría de Lires.
O esforzo que supón o último tramo de suba cara a Muxía compénsano as fermosas vistas do Alto Das aferroas (289 m). A praia de Lourido dá paso á vila mariñeira dende onde o santuario se encontra a un paso. Simplemente hai que bordear o Monte Corpiño polo chamado “camiño da pel” e tras a purificación o peregrino entra no santuario.