• Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to Youtube
  • GALEGO GALEGO GALEGO gl
  • ESPAÑOL ESPAÑOL ESPAÑOL es
Centro de Interpretación de Villestro
  • CIVI
    • Descrición do Centro
    • Exposición Compostela Rupestre
    • Información e visitas
  • Coñece Val de Roxos
    • Sabías que…?
    • Puntos de interese
    • Natureza
    • Etnografía
  • Que facer?
    • Rutas destacadas
    • Rutas “Wikiloc” en Villestro
  • Planifica a túa visita
    • Como chegar?
    • Onde comer?
    • Onde durmir?
  • Camiño a Fisterra
    • Historia
    • Etapas
  • Arte rupestre
    • Historia dos petróglifos
    • Como se vivía naquela época?
    • A arte rupestre na bisbarra
  • Recursos
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

Etapa 4: Fisterra-Muxía/Muxía-Fisterra

…. e chegamos ao final do camiño

Muxía e Fisterra están tan só a 31 km de distancia. Por iso, en caso de chegar a unha ou outra meta de peregrinación, existe a posibilidade de realizar unha derradeira etapa para conectar estas dúas vilas. A proposta seguinte explica o percorrido de Fisterra a Muxía pero pódese realizar en ambos os sentidos, dependendo da decisión tomada na bifurcación de Hospital.

O primeiro lugar que se atopa nesta etapa é San Martiño de Duio, lugar onde estarían as ruínas de Dugium que, segundo a lenda, era onde residía o legado de Roma.

O camiño avanza entre campos de labranza, bosques e aldeas onde a arquitectura rural tradicional galega se mestura coa arquitectura eclesiástica. É importante o protagonismo do mar e da fauna que podemos atopar no percorrido, como por exemplo, a variedade de aves rexistradas na ría de Lires.

O esforzo que supón o último tramo de suba cara a Muxía compénsano as fermosas vistas do Alto Das aferroas (289 m). A praia de Lourido dá paso á vila mariñeira dende onde o santuario se encontra a un paso. Simplemente hai que bordear o Monte Corpiño polo chamado “camiño da pel” e tras a purificación o peregrino entra no santuario.

mar de Fisterra

Asociacións Villestro

Sociedade Deportiva de Villestro

Andadiós Club Ciclista

Información de interese

Colectivo A Rula

Santiago turismo

Turgalicia

Xacobeo

Parques e xardíns de Santiago (PDFs)

Xunta de Galicia
Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Comunidad Europea
Obradoiros de Emprego
© Concello de Santiago. Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promociòn Econòmica e Xuventude
Créditos e Agradecementos
Scroll to top Scroll to top Scroll to top

ESTA PÁXINA WEB USA COOKIES propias e de terceiros. Usanse para mostrarlle marketing/publicidade, personalizar o contido e os anuncios, estadísticas e de preferencia, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o tráfico de navegación. Ainda que acepte unha cookie sempre poderá modificalo seu consentimento e rechazala. Pode cambiar a configuración, obter máis información sobre a nosa política de cookies e aceptalas dende os seguintes

Política de privacidade

Consulte a nosa política de privacidade

Cookies estritamente necesarias

As cookies estritamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.