1ª Parada
Centro da Praza do Obradoiro (km 0).
Centro da Praza do Obradoiro (km 0).
O fenómeno da peregrinación a Santiago.
O camiño a Fisterra.
Unha das prazas máis emblemáticas e simbólicas de España.
Meta de todos os Caminos, condensa a historia milenaria da cidade. Santiago de Compostela está asociado a un dos máis importantes fenómenos da historia medieval, o camiño da Peregrinación que trae a milleiros de peregrinos dende fai máis de 1.000 años.
A súa importancia radica fundamentalmente en ser centro de peregrinación da cristiandade medieval, o que convertiu a cidade nunha das máis importantes de Europa pólo seu esplendor e lugar de culto. Nas épocas románica e barroca, o santuario de Santiago exerciu unha influencia artística decisiva en Galicia e no norte da Península Ibérica.
Para moitos peregrinos non é o final do camiño, senón un punto intermedio para chegar a Fisterra na Costa da Morte, lugar onde na Idade Media, dábase por posto que acababa o mundo, que é o que significa Fisterra, Finis Terrae o Fin da Terra.
No 1985 Santiago de Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco.
No 1987 o Consello de Europa declarou O Camiño de Santiago como o Primeiro Itinerario Cultural Europeo póla importancia dese camiño de peregrinación como fonte de transmisión da cultura e a arte.
No ano 1993 o propio Camiño de Santiago foi distinguido tamén pola Unesco có título de Patrimonio Cultural da Humanidade.
Dende o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago no século once, determinados peregrinos decidían prolongar a súa viaxe ata a “Costa da Morte”, que era para os antepasados a punta máis occidental de Europa, o tramo final dun itinerario marcado no ceo póla Vía Láctea.
A tradición xacobea do finisterrae galego fundaméntase en dúas das devocións máis populares de Galicia; o Santo Cristo, en Fisterra, e a Virxen da Barca, en Muxía, que según a tradición acudiu a este fermoso lugar nunha barca de pedra para darlle ánimos a Santiago na súa predicación.
Éo centro monumental de Santiago de Compostela. O seu nome nace dos “obradoiros” talleres dos canteiros que traballaron neste lugar durante a construcción da fachada barroca da Catedral, que domina a praza e da a benvida aos milleiros de peregrinos que chegan pólos camiños de Santiago.
Delimitada póla Catedral, o Pazo de Raxoi, o Hostal dos Reis Católicos, o Pazo de Xelmírez e o Colexio de San Xeróme, os catro símbolos da vida da cidade.
Na zona este da praza: a Igrexa, representada pola maxestuosa e imponente Catedral. Enfrente o goberno municipal co Pazo de Raxoi. No sur a Universidade que marcou a vida cultural da cidade nos últimos 500 anos, cuxo reitorado ocupa o Colexio de San Xeróme y finalmente no norte, o Hostal dos Reis Católicos, hoxe Parador Nacional, símbolo da hospitalidade que a cidade lles brinda aos peregrinos.
Esta praza ten a calidade de resumir os usos e a historia milenaria da cidade. Un xiro de 360 grados permite recoñecer a simple vista a presenza de distintos estilos arquitectónicos, surxidos en máis de 700 años de construcción.
Tamén a figura do Apóstolo está presente en todos os edificios da praza.
O Hostal dos Reis Católicos tamén chamado Hospital Real, actualmente Parador Nacional de Turismo, empezou a construírse despois da visita realizada pólos Reis Católicos a Santiago de Compostela no 1486. Inagurouse no 1492.
É un fermoso edificio gótico de fachada plateresca, obra dos mestres franceses Martín de Blas e Guillén Colas, do século dezaseis.
A función do hospital era curar as feridas dos peregrinos que póla época recorrían o Camiño de Santiago, que en moitos casos chegaban nun estado lamentable, pólo que tiñan que pasar varios días no hospital antes de poder ir á Catedral.
Este pazo, mandado construír polo arcebispo Raxoi no 1766. É de estilo neoclásico francés. O frontón central posee un relieve no que se representa a batalla de Clavixo y que cubre o tímpano sobre o que se asenta a figura do Santiago ‘O Matamouros’.
A orixe o edificio destinouse a cárcere e concello ademáis de albergar aos neños do coro da catedral, aos acólitos e aos sacerdotes.
Na actualidade é sede do concello compostelán, do Consello da Cultura Galega e de algunhas dependencias do Goberno da Xunta de Galicia.
O edificio renacentista fundado no século dezaseis polo arcebispo Fonseca terceiro para albergar estudiantes pobres.
A portada, ricamente decorada, e presidida por escudo de Fonseca, presenta as imáxenes de Santiago, San Xoán e San Francisco a esquerda, e as de San Pedro, San Pablo e San Mauro a dereita. Presiden a arquivolta as representacions de Santa Ana, a Virxen e o Neno. Na actualidade alberga o Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela.
Apoiado no costado norte da Catedral, e de cara a Praza do Obradoiro, levántase este pazo episcopal que mando construír el arcebispo Diego Xelmírez para sustituir a antiga residencia episcopal derrumbada durante as revoltas. É o exemplo máis representativo da arquitectura románica civil que hai en España.
Información de interese
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.