Consulte a nosa política de privacidade
O eucalipto e o seu impacto no monte galego.
OCamiño de Santiago vai acompañado dunha viaxe que transmite a relación entre a sociedade e o medio rural establecido. Galicia está chea de recunchos marabillosos que sorprenden. Actualmente, tan so o 30 porcento da masa forestal de Galicia é de bosque autóctono, o que representa o 15 porcento de todo o territorio.
As carballeiras xunto coas fragas, representan o bosque óptimo na maior parte de Galicia. Ademais, é especialmente representativo de Santiago de Compostela xa que a súa casca era usada no proceso de curtidor das peles dos máis de 25 curtidoiros da zona para a obtención de taninos. Feito denunciado por Rosalía de Castro nas súas obras.
¿Quen foi o introdutor do eucalipto no noso territorio? Frei Rosendo Salvado decide traer a semente desta especie que planta en Tui alá polo 1860. Europa estaba habituada a recibir plantas exóticas de todos os continentes e o eucalipto foi unha máis. Os que se iniciaron no eucalipto foron persoas con recursos financeiros e con grandes fincas. A parte do uso ornamental , desprende produtos aromáticos como o eucaliptol, que posúe propiedades microbicidas, de aí a súa aplicación como árbore hixienizador da atmósfera e dos terreos insalubres ou como desconxestionador nos casos gripais mediante a inhalación dos vapores da cocción das súas follas.
A repercusión na paisaxe é unha das maiores desvantaxes que xera na actualidade. O avance desta especie ameaza a todas as formacións boscosas autóctonas xa que as especies foráneas carecen de inimigos naturais, feito que resalta o seu carácter invasor. Ademais, o carácter pirófito, resistente ao lume, da árbore favorece a súa expansión. O eucalipto tende a loitar contra as súas especies veciñas polo nutrinte e pola auga, polo que apenas crece vexetación, o que produce unha gran perda de biodiversidade.
A “Galicia dos mil ríos” vese ameazada por unha especie, pero non debemos esquecer que o eucalipto non ten a culpa de comportarse como un eucalipto, unha boa distribución e un sistema de xestión sostible e eficiente, que non pretenda substituír os ecosistemas autóctonos, axudaría a que o Camiño de Santiago siga interesando como ruta natural, como fonte de riqueza e como un espazo máxico habitado polos espíritos de fadas, meigas e druídas; porque o problema non está no eucalipto se non nunha boa ou mala xestión forestal.
Asociacións Villestro
Información de interese