9ª Parada
Cruceiro do Conxunto Parroquial Santa María de Villestro.
Cruceiro do Conxunto Parroquial Santa María de Villestro.
A importancia dos cruceiros en Galicia.
Neste cruceiro do conxunto parroquial de Santa María de Villestro pódense distinguir varias partes perfectamente diferenciadas: a base, que consiste nunha plataforma formada por varias gradas. Na última grada hai unha mesa que se empregaba a modo de altar. O pedestal sobre o que se apoia a columna ou fuste, e sobre éste o capitel, que é de forma rectangular. Por último a cruz, o elemento fundamental de calquer cruceiro. Nela está a imaxe da Virxe María, orientada ao este, simbolizando a vida. Cara ao oeste, un Cristo crucificado simboliza a morte. O cruceiro é un dos símbolos máis representativos de Galicia. Suponse que existen máis de 10.000 extendidos por todo o seu territorio.
Os máis antigos que se conservan datan do século catorce e son unha fiel imitación dás cruces procesionais góticas. As monumentais cruces de Bretaña e Irlanda, coñecidas tamén como “sermóns de pedra” levan grabadas escenas bíblicas que servían para educar cristianamente ao pobo. En Galicia sucedeu algo similar e o pobo puido ver a través destas representacións a paixón do Señor, a expulsión do Paraíso e nalgúns casos, cómo as almas purgaban os seus pecados no Purgatorio. Tamén o amor representado póla Virxe e a dor do Crucificado, ademáis de incluir outros santos de devoción máis próxima, cós signos que expresaban a súa misión na Terra.
Os máis ilustres canteiros, de cada época, plasmaron os seus mellores oficios neste singular monumento que fala por si só da relixiosidade dun pobo que soubo expresar no cruceiro a súa fe, amor e temor.
Pero tamén se levantaban os cruceiros en acción de grazas para pedir unha sanación, un milagro, ou para saldar có Todopoderoso unha débeda ou un ofrecemento non cumprido. Outros eríxense para recordar feitos lutuosos, unha morte, un crime… Pero tamén recordando acontecementos históricos ou a suposta aparición da Santa Compaña.
Como sagrado que era, convertía en sagrado o lugar onde se colocaba. Rezando ante él ganabánse indulxencias, cando a igrexa así o dispoñía. Nas prazas do gando, o cruceiro protexía aos animais, próximo aos campos auspiciaba boas colleitas; nos camiños sinalaban o camiño aos peregrinos, aos arrieiros u outros camiñantes.
Empregabánse tamén, para marcar os límites xurisdiccionais, civis ou eclesiásticos e un sen fin de aplicacións onde interviña a fe dun pobo que encontrou no cruceiro o seu mellor aliado para protexerse e gañar o ceo, ou pólo menos para recordar que existía.