• Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to Youtube
  • GALEGO GALEGO GALEGO gl
  • ESPAÑOL ESPAÑOL ESPAÑOL es
Centro de Interpretación de Villestro
  • CIVI
    • Descrición do Centro
    • Exposición Compostela Rupestre
    • Información e visitas
  • Coñece Val de Roxos
    • Sabías que…?
    • Puntos de interese
    • Natureza
    • Etnografía
  • Que facer?
    • Rutas destacadas
    • Rutas “Wikiloc” en Villestro
  • Planifica a túa visita
    • Como chegar?
    • Onde comer?
    • Onde durmir?
  • Camiño a Fisterra
    • Historia
    • Etapas
  • Arte rupestre
    • Historia dos petróglifos
    • Como se vivía naquela época?
    • A arte rupestre na bisbarra
  • Recursos
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

Etapa 2: Negreira-Olveiroa

salto de agua, por fatima coto
Cruce de caminos

Abandónase Negreira sobre unha ponte que cruza o río Barcala, afluente do Tambre, nun pequeno ascenso cara á igrexa de San Xulián que rematará co inicio dun tramo boscoso de folla caduca por un sendeiro que nos recorda aos antigos camiños reais con lugares como por exemplo Portocamiño e Camiño Real. Estes sendeiros son facilmente identificables para o peregrino que percorre zonas planas e elevadas que van dando paso a variados e fermosos núcleos rurais onde se poden observar hórreos e a arquitectura popular característica do territorio.

Tras atravesar o río de Maroñas chégase xa ao concello de Mazaricos sinalizado cun cartel de madeira. Un dos puntos de maior valor paisaxístico nesta zona é o monte Aro, de 556 metros de altitude, dende onde se poden contemplar as vistas a comarca do Xallas.

Na parte final desta etapa, o río Xallas cobra protagonismo e atravésase pola ponte do século XVI onde os labregos galegos intentaron sen éxito frear o avance das tropas francesas no ano 1809. Chégase entón a Ponte Olveira, terra do municipio de Dumbría e o peregrino camiña por un itinerario próximo ao embalse da Fervenza ata chegar a Olveiroa

Asociacións Villestro

Sociedade Deportiva de Villestro

Andadiós Club Ciclista

Información de interese

Colectivo A Rula

Santiago turismo

Turgalicia

Xacobeo

Parques e xardíns de Santiago (PDFs)

Xunta de Galicia
Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Comunidad Europea
Obradoiros de Emprego
© Concello de Santiago. Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promociòn Econòmica e Xuventude
Créditos e Agradecementos
Scroll to top Scroll to top Scroll to top

ESTA PÁXINA WEB USA COOKIES propias e de terceiros. Usanse para mostrarlle marketing/publicidade, personalizar o contido e os anuncios, estadísticas e de preferencia, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o tráfico de navegación. Ainda que acepte unha cookie sempre poderá modificalo seu consentimento e rechazala. Pode cambiar a configuración, obter máis información sobre a nosa política de cookies e aceptalas dende os seguintes

Política de privacidade

Consulte a nosa política de privacidade

Cookies estritamente necesarias

As cookies estritamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.