• Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to Youtube
  • GALEGO GALEGO GALEGO gl
  • ESPAÑOL ESPAÑOL ESPAÑOL es
Centro de Interpretación de Villestro
  • CIVI
    • Descrición do Centro
    • Exposición Compostela Rupestre
    • Información e visitas
  • Coñece Val de Roxos
    • Sabías que…?
    • Puntos de interese
    • Natureza
    • Etnografía
  • Que facer?
    • Rutas destacadas
    • Rutas “Wikiloc” en Villestro
  • Planifica a túa visita
    • Como chegar?
    • Onde comer?
    • Onde durmir?
  • Camiño a Fisterra
    • Historia
    • Etapas
  • Arte rupestre
    • Historia dos petróglifos
    • Como se vivía naquela época?
    • A arte rupestre na bisbarra
  • Recursos
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

Etapa 3: Olveiroa-Fisterra/Muxía

Derradeiro esforzo

Nesta etapa, á saída da aldea do Hospital, chamada así porque antigamente contaba cun pequeno hospital dedicado aos peregrinos, o camiñante debe tomar a decisión de se continuar cara a Fisterra ou cara a Muxía xa que o percorrido bifúrcase.

Se o peregrino decide ir en primeiro lugar a Fisterra, terá a oportunidade de coñecer a “fonte santa” do santuario da Nosa Señora das Neves, do século XVIII. Pero non é a única fonte milagrosa xa que na ermida de San Pedro Mártir atoparemos outra con beneficios para distintos tipos de doenzas.

Cee é a primeira localidade da comarca que atopa o peregrino tras o alto do Cruceiro da Armada, de 247 metros e dende onde se pode contemplar o cabo Fisterra ao lonxe. Nesta localidade destaca o pazo do Cotón e a Igrexa de cabeceira gótica da Xunqueira. Continúa o camiño cara á vila de Corcubión, paso previo á chegada a Fisterra e onde se pode gozar do seu casco antigo e experimentar a vida mariñeira da vila. É tamén de gran beleza a igrexa de San Marcos, gótico- mariñeira.

O peregrino chega por fin a Fisterra bordeando as súas formacións dunares e a fermosa praia de Langosteira. Unha arcada, restos do desaparecido hospital medieval de peregrinos, leva á capela barroca onde se atopa o Santo Cristo de Fisterra, do século XIV. Conta a lenda que apareceu na costa tras ser lanzado a auga por un barco no transcurso dunha tormenta. Destaca tamén o templo de Santa María das Areas onde se refuxia a Virxe do Carme na capela maior do século XIV.

O último esforzo do peregrino lévao ata o Cabo Fisterra, símbolo que dá nome á comarca. O fito do quilómetro 0 é o encargado de dar a benvida xunto co edificio coñecido como A Serea, Centro de Información Turística e lugar onde se sela a Fisterrá.

Olveiroa-Muxía

A outra opción desta etapa é continuar desde Olveiroa ata Muxía en lugar de ir ata Fisterra. Conta a tradición que a Virxe chegou a Muxía nun navío de pedra para darlle ánimos ao Apóstolo na súa predicación e que as “pedras santas” da contorna, de propiedades curativas, serían os vestixios daquela barca, de aí o nome do Santuario da Virxe da Barca.

Se o peregrino toma esta variante, dirixirase a Dumbría tomando unha bifurcación en Hospital para despois continuar cara a San Martiño de Ozón, paso previo á baixada cara a Muxía, onde se atopa o albergue de peregrinos.

Nesta etapa pódese gozar de múltiples pontes e observar un dos hórreos máis grandes de Galicia. É tamén interesante o mosteiro de San Xulián de Moraime que se atopa no último tramo da etapa, xusto antes de comezar a baixada cara a Muxía, e dende onde se poden apreciar as fantásticas vistas do mar e da vila.

Os peregrinos comezan cun descenso dende Hospital ata Dumbría (sinalizado cun fito dobre) para despois continuar por un paseo livián por pistas dende Trasufre a San Martiño de Ozón ata chegar ás subidas e baixadas seguintes que pesan un pouco no ánimo xa esgotado. Cómpre non desanimarse xa que a meta está moi preto: unha derradeira baixada e o santuario da Virxe da Barca quedará ao noso alcance.

Asociacións Villestro

Sociedade Deportiva de Villestro

Andadiós Club Ciclista

Información de interese

Colectivo A Rula

Santiago turismo

Turgalicia

Xacobeo

Parques e xardíns de Santiago (PDFs)

Xunta de Galicia
Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Comunidad Europea
Obradoiros de Emprego
© Concello de Santiago. Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promociòn Econòmica e Xuventude
Créditos e Agradecementos
Scroll to top Scroll to top Scroll to top

ESTA PÁXINA WEB USA COOKIES propias e de terceiros. Usanse para mostrarlle marketing/publicidade, personalizar o contido e os anuncios, estadísticas e de preferencia, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o tráfico de navegación. Ainda que acepte unha cookie sempre poderá modificalo seu consentimento e rechazala. Pode cambiar a configuración, obter máis información sobre a nosa política de cookies e aceptalas dende os seguintes

Política de privacidade

Consulte a nosa política de privacidade

Cookies estritamente necesarias

As cookies estritamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.