Puntos de interese: Ponte Brea

chamado tamén das Barreiras ou de Villestro

Sobre o río Roxos, na carretera Quintáns-Portela-Villestro

  • salto de agua, por fatima coto

AS PONTES COMO TRÁNSITO DO CAMIÑO A TRAVÉS DA HISTORIA

Das persoas maiores do lugar recibe o nome de “ A ponte Romana”, indicándonos a súa antigüidade e importancia histórica. De pedra, con tres arcos “ollos”. O central de medio punto e os dous laterais adinetalados. Tamén ten contrafortes.

A ponte Brea ou Abrea situada sobre o río Roxos, afluente do Sar chegou ata os nosos días, en parte polo propio interese da veciñanza de Villestro, xa que estivo a piques de desaparecer ante a súa previsible demolición, seica porque non dispoñía de ancho suficiente para acoller a actual cantidade de vehículos.A súa queixa ante a D.X. de Patrimonio permitiu a súa restauración e revalorización. Afeita como estaba ao paso de carros e carruaxes.

O Camiño de Santiago no seu percorrido até Fisterra cruza a parroquia de Sta María de Villestro, cruza a Ponte de Brea sobre o río Roxos e comeza a subida até o alto do Vento.