Plan de Acción para a Economia circular

Puntos de interese: Pedra da Legua

Un indicador viario no camiño

Consérvase na memoria colectiva a través do seu topónimo

Por onde pasaba o vello camiño atopamos á dereita, na encrucillada da Cruz da Legua, a Pedra da Legua, cravada nunha laxe con gravados. Cruz e vara están feitas nunha soa peza. Contan os do lugar que por aquí pasaban as xentes da Silvouta cos mortos camiño do cemiterio parroquial de Villestro. Foi desprazada do seu lugar orixinal.

Cruceiro e laxe con inscricións e monólito situados a escasa distancia da cidade de Compostela, a pouco máis de catro quilómetros, no lugar coñecido como Pedra da Legua, próximo ao núcleo de Roxos na parroquia de Santa María de Villestro e preto do trazado actual do Camiño de Santiago a Fisterra.

Cruceiro

Trátase dunha sinxela cruz sobre un pequeno varal realizados nunha soa peza de granito. A cruz posúe remates florenzados e únese directamente ao varal octogonal que comeza e remata nunhas seccións cadradas. Non ten capitel nin pedestal e o varal encaixa directamente na propia laxe. Nas súas seccións cadradas figuran as seguintes inscricións, na inferior “ESTA CRUS LA PSO” e na superior baixo a cruz “ANO” e a data de 1760.

Os grabados da laxe

A laxe sobre a que se asenta a cruz é alongada e sobresae un pouco sobre o terreo. Os gravados presentan un forte desgaste debido á erosión, aínda que se poden distinguir varias inscricións, de diferente épocas históricas. Na zona central da laxe observamos a inscrición cos trazos de maior tamaño bastamente labrados. Á esquerda deste motivo unha cruz patada con brazos iguais de tipo visigótico. É esta unha tipoloxía de cruz utilizada polos monarcas ástur-leoneses polo menos desde Afonso VII ata Afonso X.

A súa denominación dános a importancia do seu valor como indicador viario: legua como unidade de medida ao longo do tempo. Do latín leuca, é unha antiga unidade de medida que expresa a distancia que unha persoa, a pé, pode percorrer durante unha hora.

A legua romana equivale a 4,435 km. Outra equivalencia a ter en conta é que unha legua romana comprende 3 millas romanas. Unha milla romana equivale a 1000 pasos, aproximadamente 1,48 km, o que nos daría un total de 4.440 metros para 3 millas.

Fontes escritas recollen os chamados xiros da cidade, coñecidas como os diplomas das millas. Estamos polo tanto ante unha xurisdición que se configura nos séculos IX, X, e XI sobre a base de varios xiros concéntricos que se teñen como eixo central á catedral apostólica. Privilexio de Ordoño II.

É este último amilladoiro da vía Santiago-Logrosa a Fisterra o que se podería relacionar coa Pedra da Legua. Os amilladoiros son aqueles puntos do perímetro do xiro atravesados por un camiño.

O monolito

A un cento de metros da Pedra da Legua atópase unha gran pedra fincada de máis de tres metros de alto. Está nunha parcela privada.

Ligazón: Colectivo a Rula

EVENTOS

Novembro 2020
Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
26 Outubro, 2020 27 Outubro, 2020 28 Outubro, 2020 29 Outubro, 2020 30 Outubro, 2020 31 Outubro, 2020 1 Novembro, 2020
2 Novembro, 2020 3 Novembro, 2020 4 Novembro, 2020 5 Novembro, 2020 6 Novembro, 2020 7 Novembro, 2020 8 Novembro, 2020
9 Novembro, 2020 10 Novembro, 2020 11 Novembro, 2020 12 Novembro, 2020 13 Novembro, 2020 14 Novembro, 2020 15 Novembro, 2020
16 Novembro, 2020 17 Novembro, 2020 18 Novembro, 2020 19 Novembro, 2020 20 Novembro, 2020 21 Novembro, 2020 22 Novembro, 2020
23 Novembro, 2020 24 Novembro, 2020 25 Novembro, 2020 26 Novembro, 2020 27 Novembro, 2020 28 Novembro, 2020 29 Novembro, 2020
30 Novembro, 2020 1 Decembro, 2020 2 Decembro, 2020 3 Decembro, 2020 4 Decembro, 2020 5 Decembro, 2020 6 Decembro, 2020

Santiago de Compostela
Despexado
08:4118:02 CET
Sensación: 7°C
Vento: 2km/h NNE
Humidade: 96%
Presión: 1010.84mbar
Índice UV: 0
SabDomLun
16/8°C
15/6°C
17/6°C