Ruta Pequegrin@s no Camiño de Santiago a Fisterra
PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA DIRIXIDA A CEIPS DE GALICIA E OFERENTES DE ACTIVIDADES DIDÁCTICAS E OCIO INFANTIL
PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA DIRIXIDA A CEIPS DE GALICIA E OFERENTES DE ACTIVIDADES DIDÁCTICAS E OCIO INFANTIL
Santiago de Compostela era unha pequena cidade que medraba na volta da catedral, estaba protexida por uhna muralla que a rodeaba. Xentes de todo o mundo viña a visitar o sepulcro do Apóstol Santiago e tamén a vender e intercambiar produtos do rural e de toda Galicia. Esta actividade consiste en percorrer os primeiros kilómetros do Camiño a Fisterra sin sair do Concello de Santiago de Compostela. Propoñemos que sexades peregrin@s por unhas horas, iredes descubrindo como era a vida cotiá no Santiago medieval e a vida do seu entorno rural. Acercarédesvos a cultura e a historia de forma próxima, entretida e adaptada aos/as nen@s. Aprender a valorar a historia dunha forma accesible e poñer en valor o noso rural e o turismo sostible é un dos obxetivos desta actividade. É un percorrido de nivel moi suave ideal para idades entre os 6 e os 12 anos acompañados por un/a mestre/a.
– Tipo de actividade: Ruta exterior a pé.
– Duración: 3.7 km e 2 horas aproximadamente.
– Dificultade: Baixa.
– Punto de saída: Praza do Obradoiro.
– Punto final: Moas de Abaixo.
– Paradas recomendadas para actividades: Praza do Obradoiro, Carballeira de San Lourenzo, Ponte Sarela, Sarela de Abaixo.
– Actividades recomendadas: Confección de indumentaria típica do peregrin@ (cabazas, conchas, sombreiro…). Actividades dos sentidos, realización de crebacabezas, busca do tesouro, collaxes, cancións…
Aruta será máis divertida e didáctica se o/a mestre/a prepara o percorrido. Para elo dámosvos unha serie de pautas:
As saídas teñen un específico valor educativo, didáctico e social. Son actividades escolares; polo tanto, deberán estar relacionadas claramente cos obxetivos sociais, pedagóxicos ou didácticos da ensinanza e ser preparadas e aproveitadas nas actividades da clase.
O aproveitamento da saída non remata, como aínda creen algúns profesores/as, coa volta ao centro. Durante o día ou días seguintes pódense crear situacións de comunicación e intercambio do visto e do material recollido (follas, froitos, fotografías, materiais ofrecidos polas persoas do lugar…), así como levar aos nen@s a que o expresen mediante a linguaxe plástica, a expresión corporal, a música, etc.
* Tamén dispoñedes dun enlace con xogos interactivos relacionados coa peregrinación e o entorno paisaxístico- natural autóctono.
Esta actividade está dirixida a centros educativos principalmente de primaria e guías e animadores sociculturais que desexen incluila na súa oferta didáctica e de ocio infantil.
Información de interese
LLuns | MMartes | MMércores | XXoves | VVenres | SSábado | DDomingo |
---|---|---|---|---|---|---|
11 Febreiro, 2021 | 22 Febreiro, 2021 | 33 Febreiro, 2021 | 44 Febreiro, 2021 | 55 Febreiro, 2021 | 66 Febreiro, 2021 | 77 Febreiro, 2021 |
88 Febreiro, 2021 | 99 Febreiro, 2021 | 1010 Febreiro, 2021 | 1111 Febreiro, 2021 | 1212 Febreiro, 2021 | 1313 Febreiro, 2021 | 1414 Febreiro, 2021 |
1515 Febreiro, 2021 | 1616 Febreiro, 2021 | 1717 Febreiro, 2021 | 1818 Febreiro, 2021 | 1919 Febreiro, 2021 | 2020 Febreiro, 2021 | 2121 Febreiro, 2021 |
2222 Febreiro, 2021 | 2323 Febreiro, 2021 | 2424 Febreiro, 2021 | 2525 Febreiro, 2021 | 2626 Febreiro, 2021 | 2727 Febreiro, 2021 | 2828 Febreiro, 2021 |
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.